Saltar ao contido

Shell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Shell
 Nome oficial
Shell plc (en) dende 2022
Royal Dutch Shell plc (en) dende 2005 ata 2022
Royal Dutch Shell (nl) dende 2005 ata 2022 Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
 Cargo dirixente
Características
 Forma xurídica
 Industria
 Produto ou servizo
Implicados
 Fundador/a
 Presidente/a
Andrew Mackenzie (pt) Traducir 2021 Editar o valor en Wikidata
 Director/a executivo/a
Wael Sawan 2023
Peter Voser 2009 2013
Ben van Beurden 2014 2022
Jeroen van der Veer 2005 2009 Editar o valor en Wikidata
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1890 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Cadro de persoal
   90.000 (2023) Editar o valor en Wikidata
 Ingresos totais
316.620.000.000 $ (2023)
264.960.000.000 $ (2015)
233.591.000.000 $ (2016)
421.105.000.000 $ (2014)
451.235.000.000 $ (2013)
467.153.000.000 $ (2012)
344.877.000.000 $ (2019)
388.379.000.000 $ (2018)
305.179.000.000 $ (2017) Editar o valor en Wikidata
 Beneficio
   37.298.000.000 $ (2023) Editar o valor en Wikidata
 Beneficio neto
19.638.000.000 $ (2023)
4.777.000.000 $ (2016)
2.200.000.000 $ (2015)
14.730.000.000 $ (2014)
16.526.000.000 $ (2013)
26.960.000.000 $ (2012)
15.842.000.000 $ (2019)
23.352.000.000 $ (2018)
12.977.000.000 $ (2017)
−21.680.000.000 $ (2020)
20.101.000.000 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
 Activos totais
406.269.000.000 $ (2023)
411.275.000.000 $ (2016)
340.157.000.000 $ (2015)
353.116.000.000 $ (2014)
357.512.000.000 $ (2013)
350.294.000.000 $ (2012)
404.336.000.000 $ (2019)
399.194.000.000 $ (2018)
407.097.000.000 $ (2017) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
Londres (xaneiro de 2022 - ) Editar o valor en Wikidata
 País
Fontes e ligazóns
VIAF127202154 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000404726394 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0g5vy Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI7923278 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Facebook: Shell Twitter: Shell Instagram: shell LinkedIn: shell Youtube: UCRLOjeT82M_8CyLj0BqvRaQ Musicbrainz: 47d7a76d-1743-4194-80e1-6a92f47c57ac Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Shell plc, antes coñecida como Royal Dutch Shell plc, é unha multinacional enerxética británica dedicada ao petróleo, ao gas natural, á petroquímica, á comercialización de enerxía e a outras actividades relacionadas.

As súas accións ordinarias cotizan na Bolsa de Londres no Reino Unido, onde ten a súa sede, e en Euronext Amsterdam, e os seus ADS cotizan na Bolsa de Nova York.[1] Segundo datos da compañía correspondentes ao final de 2025, Shell empregaba arredor de 85 000 persoas e operaba en máis de 70 países.[2]

Historicamente, Royal Dutch Shell foi unha das compañías coñecidas como as Sete Irmás da industria petroleira[3] e a terceira compañía petroleira máis grande e líder nas industrias petroquímica e de enerxía solar do mundo, ademais de ser a maior multinacional do planeta en termos de ingresos.[4] Segundo datos publicados pola compañía para o exercicio de 2025, Shell empregaba arredor de 85 000 persoas e desenvolvía operacións en máis de 70 países.[5][6]

A empresa actual procede historicamente da unión, en 1907, da británica The "Shell" Transport and Trading Company coa neerlandesa Royal Dutch Petroleum Company.[7]

Unha investigación realizada en 2019 mostra que Royal Dutch Shell, con emisións de 31 950 millóns de toneladas equivalentes de CO₂ desde 1965, foi o sétimo maior emisor do mundo durante ese período.[8]

Século XIX

[editar | editar a fonte]

A orixe do nome Shell está relacionada co comerciante Marcus Samuel. En 1833 Samuel ampliou o seu negocio de antigüidades coa venda de cunchas mariñas orientais, que importaba do Extremo Oriente. Após a súa morte, en 1870, os seus fillos continuaron e ampliaron a actividade familiar.[7]

Durante a década de 1880 os irmáns Samuel interesáronse polo comercio de petróleo. Daquela era transportado habitualmente en barrís, un sistema pouco eficiente. Para o transportar a granel encargaron unha frota de buques cisterna. Un deles, o Murex, converteuse en 1892 no primeiro petroleiro que atravesou a Canle de Suez.[7]

A marca "Shell" (as comiñas formaban parte do nome legal) comezou a utilizarse para o queroseno que os Samuel exportaban a Asia. En 1897 constituíuse The "Shell" Transport and Trading Company Ltd, que adoptou como nome empresarial a marca procedente do antigo comercio familiar de cunchas.[9]

Antiga sede de Shell na Haia, Países Baixos.

Simultaneamente desenvolveuse en 1890 nos Países Baixos a Royal Dutch Petroleum Company (en neerlandés: 'N.V. Koninklijke Nederlandsche Petroleum Maatschappij') fundada en 1890 para explotar petróleo nas daquela Indias Orientais Neerlandesas. A empresa foi fundada para desenvolver un xacemento petrolífero en Pangkalan Brandan, no norte de Sumatra, e dirixida inicialmente por August Kessler, xunto con Hugo Loudon e Henri Deterding, cando a raíña Guillermina dos Países Baixos outorgou unha carta real a unha pequena empresa de exploración petrolífera coñecida como Royal Dutch.

Século XX

[editar | editar a fonte]

En 1907 as dúas sociedades uniron as súas actividades para constituír o grupo Royal Dutch Shell para competir globalmente coa xigantesca empresa estadounidense Standard Oil. Durante boa parte do século XX o grupo conservou unha estrutura dual, cunha sociedade neerlandesa e outra británica. En 2005 as antigas compañías matrices foron reorganizadas baixo unha única sociedade, Royal Dutch Shell plc.

Gasolineira Shell en Mijnsheerenland, Países Baixos, finais da década de 1970.

En 1919, Shell tomou o control da Mexican Eagle Petroleum Company e, en 1921, formou Shell-Mex Limited, que comercializaba produtos baixo as marcas Shell e Eagle no Reino Unido. En 1931, en parte como resposta ás difíciles condicións económicas da época, Shell-Mex fusionou as súas operacións no mercado británico coas de British Petroleum, creando Shell-Mex e BP Ltd., unha empresa que operou até que as marcas se separaron en 1975.

Estación do Shell no Canadá.

Século XXI

[editar | editar a fonte]

En novembro de 2004, anunciouse que o grupo Shell cambiaría a unha estrutura de capital simplificada, creando unha nova empresa chamada Royal Dutch Shell Plc, coa súa cotización principal nas bolsas de valores de Londres e Ámsterdam e a súa sede na Haia, Países Baixos. A unificación completouse o 20 de xullo de 2005. As accións emitíronse nunha proporción do 60/40 aos accionistas de Royal Dutch.[10]

No Brasil, en xaneiro de 2010, Shell e Cosan fusionáronse para formar Raízen. O 8 de abril de 2015, Shell anunciou a compra da empresa británica BG Group por 47.000 millóns de libras. O grupo resultante converteríase no principal socio da empresa brasileira Petrobras na exploración de petróleo en augas profundas. [Cómpre referencia]

Posto Shell em Cascavel, Paraná, Brasil.
Gasolineira Shell en Cascavel, Paraná, Brasil.

En 2021 a empresa decidiu simplificar novamente a súa estrutura societaria e trasladar ao Reino Unido a residencia fiscal e os principais órganos de dirección.[11]

En febreiro de 2021, Shell anunciou unhas perdas de 21.700 millóns de dólares en 2020 debido á pandemia da COVID-19,[12] a pesar de reducir os seus gastos operativos nun 12 %, ou 4.500 millóns de dólares, segundo unha análise de Morningstar citada por Barron's.[13] [14]

En decembro de 2021, Shell retirouse do campo petrolífero de Cambo, fronte ás illas Shetland, alegando que "o argumento económico para investir neste proxecto non é o suficientemente sólido neste momento e existe a posibilidade de atrasos". O xacemento petrolífero proposto fora obxecto dunha intensa campaña por parte dos ecoloxistas no período previo á cimeira climática da ONU COP26 en Glasgow en novembro de 2021.[15]

En xaneiro de 2022 abandonou a denominación Royal Dutch Shell plc e pasou a chamarse oficialmente Shell plc. As antigas accións das clases A e B foron reunificadas nunha única clase de accións ordinarias.[16][17][18]

O nome e o logotipo

[editar | editar a fonte]

Shell significa «cuncha» en inglés e remite ao negocio de cunchas mariñas iniciado por Marcus Samuel. Cando os seus fillos procuraron un nome comercial para o queroseno que exportaban cara a Asia, escolleron Shell. A denominación pasou en 1897 ao nome da propia Shell Transport and Trading Company.[9]

O primeiro logo da empresa, rexistrado en 1900, representaba a cuncha dun mexillón. En 1904 foi substituído por unha vieira, que desde entón se converteu no elemento fundamental da identidade gráfica de Shell.[9]

A compañía denomina o seu emblema Pecten. O deseño da vieira foi sufrindo sucesivas simplificacións ao longo do século XX. En 1930 adquiriu unha forma máis regular, en 1948 incorporouse o nome Shell no interior do símbolo e, en 1971, o deseñador industrial Raymond Loewy realizou a versión moderna da que deriva o logo utilizado na actualidade.[9]

A barra eliminouse do nome "Royal Dutch/Shell" en 2005, coincidindo cos movementos para fusionar as dúas empresas legalmente separadas (Royal Dutch e Shell) na única entidade xurídica que existe hoxe en día.

En novembro de 2021, Royal Dutch Shell plc anunciou os seus plans para cambiar o seu nome a Shell plc.

En 2022, as principais compañías de petróleo e gas, incluída Shell,[19] informaron de fortes aumentos nos ingresos e nos beneficios provisionais.[20] De feito, este aumento nos beneficios de Shell foi tan pronunciado que 2022 foi o mellor ano da empresa, con Shell rexistrando o dobre de beneficios de 2021 e o beneficio máis alto de toda a súa historia.[21]

[editar | editar a fonte]

A vieira dos Graham. Compostela, Portugal e a India

[editar | editar a fonte]

Na historia oficial da marca, indícase a influencia dun empresario que importaba o queroseno da empresa á India e cuxa familia tiña tres vieiras no seu escudo de armas e explicaba a orixe das súas vieiras a través da peregrinación a Galiza. A derivación do logotipo de Shell a partir dese escudo familiar é presentada pola Shell como unha das teorías sobre a adopción da vieira.[9]

Noutra publicación corporativa de 1999 o comerciante aparece mencionado como Mr Graham, que importaba á India o queroseno de Marcus Samuel, comercializábao baixo o nome de Graham's Oil, investiu capital na Shell Transport and Trading Company e chegou a ser director da sociedade.[22] Segundo o documento, a chamada St James's Shell, a vieira de Santiago, fora adoptada pola familia Graham despois de que antepasados seus realizasen a peregrinación a Santiago de Compostela.[22][23][24]

A familia e a rede comercial dos Graham estaban relacionadas co comercio entre Escocia, Portugal e a India. Donald Graham of Airthrey, comerciante de Glasgow, nado no Porto en 1844, foi membro do Consello Lexislativo de Bombai e recibiu a distinción de Companion of the Order of the Indian Empire polos seus servizos na India. A familia posuía intereses comerciais tanto en Portugal como na India, relacionados entre outras actividades cos téxtiles e co viño do Porto.[25]

Donald Graham adquiriu en 1889 o Airthrey Castle, en Stirling, e foi unha figura destacada da vida comercial de Glasgow.[26] Unha historia empresarial conservada nos arquivos de Worms & Cie. sinala que, cando se constituíu a Shell Transport & Trading Company en 1897, a nova sociedade tomou non só os negocios de M. Samuel & Co., senón tamén diversos elementos da firma Graham & Co. e de empresas de distribución que operaban no Extremo Oriente.[27][25]

Presenza no mercado ibérico

[editar | editar a fonte]
Estación Shell en Recarei, Leça do Balio, unha das primeiras en abrir en Portugal pola DISA.

Shell mantivo historicamente unha presenza importante no mercado portugués. A relación de determinadas familias mercantís vinculadas ás primeiras redes comerciais de Shell con Portugal é anterior á presenza directa da marca no país.

A marca Shell entrou no mercado portugués a comezos do século XX. O 26 de outubro de 1910, Sr. Joseph William Henry Bleck rexistrou a súa empresa co nome de "The Lisbon Coal and Oil Fuel Company Limited". Posteriormente, chegou a participación directa de Shell en Portugal, materializada o 13 de febreiro de 1930, día en que a empresa anterior foi substituída por "Shell Company of Portugal, Limited"-[28] Posteriormente desenvolveu unha rede de distribución de combustibles e outros produtos petrolíferos no país.

No século XXI a explotación da marca en Portugal pasou por diferentes reorganizacións e acordos de licenza.

En 2004, vendeu as súas operacións á empresa española Repsol,[29] argumentando que estaba a buscar outros mercados. En 2017, anunciou que volvería ao mercado portugués en colaboración coa empresa española DISA,[30] unha empresa que tamén comprara as operacións de Shell no Estado español en 2004, aínda que conservou a marca nas estacións de servizo de España.[30] En 2020, abriuse a primeira gasoliñeira Shell, despois duns 15 anos sen estar en Portugal,[31] desde entón, creceu en número de gasolineiras e actualmente ocupa a cuarta posición en cota de mercado, xunto con Prio,[32] unha marca tamén comprada por DISA en 2020. [32]

Controversias

[editar | editar a fonte]
  • A Shell financiou a oposición siria, especialmente ó líder de Al-jayš as-suri al-ħurr, Moaz al-Khatib.[33]
  • En marzo de 2022, durante a invasión rusa de Ucraína e en medio de crecentes boicots á economía rusa e desinvestimentos relacionados, Shell comprou un cargamento de petróleo cru ruso con desconto.[34] Ao día seguinte, tras as críticas do ministro de Asuntos Exteriores ucraíno, Dmytro Kuleba, Shell defendeu a compra como unha necesidade a curto prazo, pero tamén anunciou a súa intención de reducir tales compras e que destinaría os beneficios de calquera petróleo ruso comprado a un fondo para axuda humanitaria a Ucraína.[35] O 8 de marzo, Shell anunciou que deixaría de comprar petróleo e gas rusos e que pecharía as súas estacións de repostaxe no país.[36]
  • A filial estadounidense Shell Oil Company formou parte da Coalición Global do Clima (en inglés, Global Climate Coalition, GCC), unha organización empresarial creada en 1989 que interveu activamente no debate político dos Estados Unidos sobre a regulación das emisións de gases de efecto invernadoiro.[37] A GCC opúxose a diferentes propostas de limitación das emisións e foi unha das principais organizacións contrarias ao Protocolo de Quioto nos EUA. Shell Oil anunciou en 1998 a súa saída da coalición. Na altura, o presidente de Royal Dutch/Shell, Mark Moody-Stuart, manifestara publicamente unha posición máis favorábel ao recoñecemento do cambio climático e á adopción de medidas para o afrontar.[38][39]
  • En novembro de 2024, Shell gañou un caso no Tribunal de Apelación da Haia contra Friends of the Earth, que lle obrigaría a reducir as súas emisións de carbono nun 45 %, de acordo cos Acordos Climáticos de París.[40]
  1. Shell plc (ed.). "Shareholding value calculator" (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2026.
  2. Shell plc (ed.). "Shell at a glance" (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2026.
  3. Hoyos, Carola (12 de março de 2007). "The new Seven Sisters: oil and gas giants dwarf western rivals".
  4. "And the world's biggest companies are...". Arquivado dende o orixinal o 09/07/2009. Consultado o 9/07/2009.
  5. Shell plc (ed.). "Shell at a glance" (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2026.
  6. "Shell begins trading under simpler, single-line share structure". Reuters. 31 de janeiro de 2022. Consultado o 7 de fevereiro de 2022.
  7. 1 2 3 Shell plc (ed.). "Our company history" (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2026.
  8. Taylor, Matthew; Watts, Jonathan (2019-10-09). "Revealed: the 20 firms behind a third of all carbon emissions" (en inglés). ISSN 0261-3077.
  9. 1 2 3 4 5 Shell plc (ed.). "Our brand history" (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2026.
  10. "Our company history". www.shell.com; Shell Global (en inglés). Consultado o 2026-09-04.
  11. "Shell plans to move headquarters to the UK" (en inglés).
  12. "Royal Dutch Shell sees huge loss as pandemic hits oil demand" (en inglés).
  13. "Royal Dutch Shell PLC ADR Class A (RDS.A) Quote - XNYS | Morningstar" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2021-01-29. Consultado o 2026-03-09.
  14. Constable, Simon. "Oil Prices Are Rebounding. Why Royal Dutch Shell Stock Is Looking Cheap." (en inglés).
  15. "Shell pulls out of Cambo oilfield project" (en inglés). 2021-12-02.
  16. Shell plc (ed.). "Simplified Share Structure" (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2026.
  17. "Shell begins trading under simpler, single-line share structure". Euronews (en inglés). Reuters. 31 de xaneiro de 2022. Consultado o 1 de setembro de 2026.
  18. "SHELL PLC overview - Find and update company information - GOV.UK" (en inglés). Consultado o 2026-03-09.
  19. "Shell makes record profits as Ukraine war shakes energy markets" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2022-06-27. Consultado o 2026-03-09.
  20. "Oil giants reap record profits as war rages in Ukraine, energy prices soar: Here's how much they made" (en inglés).
  21. "Shell reports highest profits in 115 years" (en inglés).
  22. 1 2 Royal Dutch Shell, ed. (15 de febreiro de 1999). "100 years of the Pecten. The history behind the Shell emblem" (PDF) (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2026.
  23. As vieiras son un elemento antigo da heráldica dos Graham de Escocia. No chamado Balliol Roll as armas de «Sr de Graham» aparecen descritas cun campo de prata e un xefe negro con tres vieiras de ouro. Outras ramas da familia conservaron igualmente as tres vieiras como un dos seus principais elementos heráldicos.
  24. Wyld, Helen (2024). "Flesh, Blood and Heraldry: a new interpretation of the Fetternear Banner". Textiles, rituels, images (Europe occidentale, XIIIe-XVIIe siècles) (PDF) (en inglés). HiCSA, Université Paris 1 Panthéon-Sorbonne. pp. 44–71. ISBN 978-2-491040-15-4.
  25. 1 2 Glasgow Museums Art Donors Group, ed. (xaneiro de 2025). "Donald Graham" (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2026.
  26. Historic Environment Scotland (ed.). "University of Stirling (Airthrey Castle)" (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2026.
  27. Worms & Cie., ed. (29 de xullo de 1948). "Historique. Shell Transport and Trading Co. Ltd." (en francés). Consultado o 1 de setembro de 2026.
  28. "Sobre a Spinerg". Arquivado dende o orixinal o 27/06/2020. Consultado o 31/05/2023.
  29. "Repsol compra os 303 postos de abastecimento da Shell em Portugal". Consultado o 31/05/2023.
  30. 1 2 "Shell volta a Portugal". Consultado o 31/05/2023.
  31. "Shell regressa ao mercado Português de combustíveis 17 anos depois". Consultado o 31/05/2023.
  32. 1 2 "Grupo Espanhol DISA compra gasolineira Prio e passa a quarto operador em Portugal". Consultado o 31/05/2023.
  33. Voltaire, Thierry Meyssan, Réseau (2012-11-19). "Les multiples visages de cheikh Ahmad Moaz Al-Khatib, par Thierry Meyssan" (en francés). Consultado o 2026-03-09.
  34. "Shell buys cargo of Russian crude loading mid-March from Trafigura" (en inglés).
  35. "Shell to put profits from Russian oil trade into Ukraine aid fund" (en inglés).
  36. "Ukraine war latest: Shell to stop buying Russian oil and gas" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2022-03-07. Consultado o 2026-03-09.
  37. Climate Files, ed. (16 de novembro de 1989). "1989 GCC Membership" (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2026.
  38. "The Global Warming Debate Cuts Two Ways". The Christian Science Monitor (en inglés). 11 de maio de 1998. Consultado o 1 de setembro de 2026.
  39. "Shell's New Worldview". The Washington Post (en inglés). 2 de agosto de 1998. Consultado o 1 de setembro de 2026.
  40. "Shell wins landmark climate case against green groups in Dutch appeal" (en inglés). 2024-11-12. Consultado o 2026-03-09.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]