Descrición
Statify ofrece un acceso directo e compacto ao número de visualizacións do sitio. Respecta a privacidade, xa que non usa cookies nin terceiros.
Un gráfico interactivo vai seguido de listas das orixes de referencia e das páxinas de destino máis habituais. O período das estatísticas e a lonxitude das listas pódense definir directamente no widget do Escritorio.
Privacidade dos datos
En comparación directa con servizos de estatísticas como Google Analytics, WordPress.com Stats e Matomo (Piwik), Statify non procesa nin almacena datos persoais, como p. ex. enderezos IP: Statify conta visualizacións do sitio, non visitantes.
Cumprimento absoluto da privacidade xunto con procesos transparentes: unha táboa de base de datos creada localmente en WordPress consta de só catro campos (ID, data, orixe, destino) e o administrador pode consultala en calquera momento, depurala e baleirala.
Grazas a este enfoque de rastrexo, Statify cumpre ao 100 % co RXPD e serve como alternativa lixeira a outros servizos de rastrexo.
Visualización do widget
A configuración do plugin pódese cambiar directamente no widget de Statify do Escritorio facendo clic na ligazón Configurar.
Pódese definir a cantidade de ligazóns que se mostran no widget de Statify, así como a opción de contar só as visualizacións de hoxe. Por suposto, as entradas máis antigas non se eliminan ao cambiar este axuste.
As estatísticas do widget do Escritorio gárdanse na caché durante catro minutos.
Período de gardado de datos
Statify almacena os datos só durante un período limitado (por defecto: dúas semanas); no widget pódense seleccionar intervalos máis longos como opción. Os datos máis antigos que o período seleccionado elimínanse mediante unha tarefa cron diaria.
Cabe esperar un aumento do volume da base de datos, porque todos os valores estatísticos se recollen e xestionan na base de datos local de WordPress (especialmente se aumentas o período de gardado de datos).
Rastrexo por JavaScript para compatibilidade coa caché
Para a compatibilidade con plugins de caché como Cachify, Statify ofrece un rastrexo opcional activable mediante JavaScript. Esta función permite contar de forma fiable as páxinas do blog en caché.
Para que isto funcione correctamente, o tema activo ten que chamar a wp_footer(), normalmente nun arquivo chamado footer.php.
Omitir o rastrexo para referentes de spam
Pódese activar a lista negra de comentarios para omitir o rastrexo das visualizacións cun URL de referente incluído na lista negra de comentarios, é dicir, considerado spam.
Soporte
Se tes problemas ou cres que atopaches un fallo (p. ex. se notas un comportamento inesperado), publícao nos foros de soporte.
Contribuír
- O desenvolvemento activo deste plugin xestiónase en GitHub.
- Agradécense moito as solicitudes de extracción para fallos documentados.
- Se queres axudarnos a traducir este plugin, podes facelo en WordPress Translate.
Capturas






Preguntas frecuentes
Que áreas están excluídas da contaxe?
Statify non conta as seguintes visualizacións:
- feeds
- trackbacks
- buscas
- vistas previas
- visualizacións de usuarios conectados (a non ser que o rastrexo se active na páxina de axustes)
- páxinas de erro
- favicon (desde WP 5.4)
- mapa do sitio (desde WP 5.5)
Este comportamento pódese modificar co gancho
statify__skip_tracking.Por que faltan algunhas orixes no widget do Escritorio?
Statify determina a orixe dunha visita a partir da cabeceira de solicitude Referer (ou, co rastrexo por JavaScript activado, a partir de
document.referrer). O navegador só envía esta información cando o sitio de orixe o permite mediante a cabeceiraReferrer-Policy, polo que o sitio de orixe controla se Statify recibe unha orixe ou non.Algúns motivos habituais polos que falta un Referer:
- o sitio de orixe envía
Referrer-Policy: no-referrerousame-origin(esta última é a opción por defecto en moitas instancias do Fediverso, incluído Mastodon) - a ligazón usa
rel="noreferrer"ourel="noopener noreferrer" - a ligazón vai dunha páxina HTTPS a unha páxina HTTP, e a maioría dos navegadores eliminan o Referer
- o visitante usa unha extensión do navegador que suprime as cabeceiras Referer
Cando o navegador non envía un Referer, Statify non ten datos que rexistrar. Non hai ningunha solución alternativa no lado receptor, porque a decisión de privacidade tómaa o navegador do sitio de orixe. Se estás a enlazar desde o teu propio sitio e queres que se rastrexe a ligazón, usa unha ligazón
<a href="…">simple senrel="noreferrer".- o sitio de orixe envía
Pódense rexistrar máis datos dos visitantes?
Algúns usuarios do plugin queren capturar datos adicionais dos visitantes, p. ex. o nome do dispositivo e a resolución. Statify conta exclusivamente visualizacións de páxina e non visitantes, polo que a captura de eses datos non é unha cuestión.
Como cambiar quen pode ver o widget do Escritorio?
Por defecto, só os administradores poden ver o widget. Isto pódese cambiar co gancho
statify__user_can_see_stats.Exemplo:
add_filter( 'statify__user_can_see_stats', '__return_true' );hai que engadilo ao
functions.phpdo tema e adaptalo ás túas necesidades. Este exemplo permitiría que todos os usuarios vexan o widget.A edición da configuración segue limitada aos usuarios coa capacidade
edit_dashboard.Como omitir o rastrexo para usuarios ou páxinas definidos
As condicións para rastrexar visualizacións pódense personalizar segundo o tipo de páxina e as capacidades do usuario mediante o gancho
statify__skip_tracking.Exemplo:
add_filter( 'statify__skip_tracking', function() { if ( condition ) { return true; } return false; } );hai que engadilo ao
functions.phpdo tema. A condición modificouse de modo que o método devolva true se e só se a visualización debe ignorarse.Como ampliar este plugin?
- Statify Widget para mostrar o contido máis popular
- Statify Blacklist para definir unha lista negra personalizada para o spam de referentes
Como podo informar de fallos de seguranza?
Podes informar de fallos de seguridade a través do Programa de divulgación de vulnerabilidades de Patchstack. O equipo de Patchstack axuda a validar, clasificar e xestionar calquera vulnerabilidade de seguridade. Informa dunha vulnerabilidade de seguridade.
Comentarios
Colaboradores e desenvolvedores
“Statify” é un software de código aberto. As seguintes persoas colaboraron con este plugin.
Colaboradores“Statify” foi traducido a 26 idiomas. Grazas aos desenvolvedores polas súas contribucións.
Traduce “Statify” ao teu idioma.
Interesado no desenvolvemento?
Revisa o código, bota unha ollada aorepositorio SVN, ou subscríbete ao log de desenvolvemento por RSS.
Rexistro de cambios
Podes atopar o rexistro de cambios completo no noso repositorio de GitHub.
2.0.3
- Facer visibles os puntos finais da API REST para os plugins de control e seguridade
- Codificar correctamente os datos CSV para a descarga
- Localizar os nomes dos perfís de usuario integrados na páxina de axustes
- Aliñar á dereita os números das táboas
- Pequenas melloras de JavaScript no Escritorio
- Probado ata WordPress 7.1
2.0.2
- Os textos traducibles no contido xerado con JS funcionan agora como se espera
- Os caracteres especiais nos títulos das entradas móstranse agora correctamente
- Quebrar os URL longos para evitar a barra de desprazamento na táboa de contido
- As etiquetas do eixo Y nos gráficos xa non se truncan con números altos
2.0.1
- Corrixiuse un problema que impedía cargar os widgets do Escritorio en idiomas específicos dunha rexión
- Restaurouse o desprazamento automático ata o último punto de datos no widget do Escritorio
2.0.0
- O rastrexo por JavaScript usa agora a API REST de WP en lugar de AJAX
- Integráronse paneis adicionais de Extended Evaluation for Statify
- Mostrar os títulos das entradas en lugar dos URL no widget
- A visibilidade das estatísticas pódese configurar agora para diferentes perfís
- Melloras na detección de bots
- Agora é posible excluír os administradores do rastrexo
- Engadiuse a característica de restablecer todas as estatísticas
- Usar as cores do tema de administración de WordPress nos widgets do Escritorio
- Melloróuse a explicación do campo «Claves de comentarios non permitidos»
- Actualizáronse os ganchos obsoletos de WordPress
- Usar wp-i18n para a tradución da portada
- A orde dos principais destinos/referentes é agora coherente se o número de visitas é igual
- Evitar o desprazamento do deseño ao mostrar información emerxente no widget do Escritorio
- Engadiuse o formato numérico localizado aos gráficos e ás táboas
- Corrixiuse o erro de perfil de usuario ao gardar os axustes
- Corrixiuse a disposición RTL no widget do Escritorio
- Corrección do widget do Escritorio para os días sen visitantes
- Eliminouse a integración con XML-RPC
- Eliminouse o filtro obsoleto
statify_skip_tracking - Require PHP 7.4 ou superior
- Require WordPress 5.1 ou superior
- Probado ata WordPress 7.0
1.8.5
- Actualizouse o contorno de compilación
- Pequenas correccións de estilo de código
- Probado ata WordPress 6.7
1.8.4
- Usar a mesma obtención de datas para o rastrexo e a análise (#227) (#232)
- Substituír o filtrado de entrada para a compatibilidade con PHP 8.1 (#237)
- Pequenas correccións de marcado no widget do Escritorio (#235)
- Probado ata WordPress 6.1
1.8.3
- Actualizar as ligazóns da documentación (#204)
- Pequena corrección de marcado na páxina de axustes (#206)
- O widget do Escritorio volve poder pecharse (#208) (#209)
- Corrección da inicialización estática en multisitio con PHP 8 (#210, grazas a @walterebert)
- Probado ata WordPress 5.8
1.8.2
- Pequenos axustes no widget do Escritorio (#197) (#199)
- Probado ata WordPress 5.7
1.8.1
- Corrección da compatibilidade con AMP nos modos Standard e Transitional (#181) (#182)
- JavaScript xa non se incorpora se a solicitude é servida por AMP (#181) (#182)
- Rexistrar sempre a acción para a depuración (#184)
- Excluír do rastrexo as chamadas ao mapa do sitio (WP 5.5+) (#185) (#186)
- Probado ata WordPress 5.6
1.8.0
- Corrección do desfase de data no widget do Escritorio en contornos con WP 5.3+ e zonas horarias mixtas (#167)
- Permitir desactivar a comprobación do nonce durante o rastrexo por JavaScript (#168)
- Engadir compatibilidade coa opción «disallowed_keys» en lugar de «blacklist_keys» en WordPress 5.5 (#174)
- Engadir un botón de actualización no Escritorio e aumentar o tempo de caché (#157)
1.7.2
- Evitar que o rastrexo por JavaScript xere un 400 para os usuarios conectados se o rastrexo está desactivado (#159)
- Usar
wp_die()en lugar de cabeceira e exit para as solicitudes AJAX (#160) - Corrección do desfase dun día entre o intervalo mostrado e o número de días avaliados nas listas principais (#162)
1.7.1
- Corrección da actualización do widget do Escritorio cando os axustes se cambiaron desde a páxina de axustes (#147)
- Corrección para que a caché de Cachify non se baleirase tras cambiar os axustes de JavaScript (#152)
- Corrección da inconsistencia de datas no número total de visitas (#150)
- Ampliar o filtro de axente de usuario para a detección de bots (#149) (#151)
- Actualizar a biblioteca de información emerxente (inclúe unha corrección de fallo en IE 11) (#156)
1.7.0
- Corrección da incorporación de JavaScript cando os bots visitan antes do almacenamento en caché (#84) (#86)
- Corrección do desfase nos informes de visitantes debido ás distintas zonas horarias entre PHP e a base de datos (#117, grazas a @sophiehuiberts)
- Corrección da ligazón de soporte non traducible (#122) (#126, grazas a @arkonisus)
- Engadir unha páxina de axustes separada e reducir a vista traseira do widget só aos axustes do widget (#111)
- Engadir opcións para rastrexar os usuarios conectados (#103) (#111)
- Engadir opción para mostrar o total de visitas (#134, grazas a @yurihs)
- Refactorizouse o rastrexo por JavaScript para usar WP AJAX (#109) (#142)
- Introduciuse unha nova opción para separar o intervalo de visualización do de almacenamento (#72)
- Engadir automaticamente o activador de analítica AMP se está instalado o plugin oficial AMP (#110) (#116, grazas a @tthemann)
- O widget do Escritorio agora é desprazable, cun radio de punto dinámico para manter lexibles as estatísticas a longo prazo (#71) (#101, grazas a @manumeter)
- Detección de bots mellorada (#112) (#125, grazas a @mahype)
- Actualizouse a biblioteca JS Chartist para o widget do Escritorio (#132)
- Omitir o rastrexo das redireccións de favicon.ico (desde WP 5.4) (#144)
- Probado ata WordPress 5.4
Para consultar o rexistro de cambios completo, visita o noso repositorio de GitHub.
